www.pombeiro.net , ruta do Preguntoiro, en Pombeiro...


   A aldea







  Patrimonio





  O Baúl








  Festas





  Arredores









  Servizos










Recibe as últimas novedades da web
O teu correo  


   
     www.minasky.com
    www.cangas.org.es




 


  Ruta do Preguntoiro

        Características:

              Lonxitude: 1.5 Km
              Duración: 40 min
              Dificultade: Baixa

      Descripción: 

                   O Preguntoiro foi un dos primeiros enclaves cristiáns que houbo nesta zona da Ribeira Sacra, estaba situado na ourela dereita do río Sil ena parroquia de San Vicente de Pombeiro. Concretamente ó lado do camiño que une as vilas de San Vicente de Pombeiro con Penabeada e San Cosmede.
Como chegar:
Partimos de Ferrerira de Pantón pola estrada C-546 dirección Ourense. No kilómetro 2,3 e a altura de Seguín desviamonos á esquerda para Pombeiro que se atopa a 13 kilómetros deste desvío. 200 metros antes de chegar á igrexa de San Vicente de Pombeiro collemos un camiño asfaltado para o barrio de Cibrisqueiros, lugar onde comezaa ruta do Preguntoiro.
Recorrido:
Partimos de San Vicente de Pombeiro, do barrio de Cibrisqueiros situado a pocos metros da igrexa románica de San Vicente de Pombeiro. Antes de enlazar co antigo camiño de San Cosmede e a altura das derradeiras vivendas, pasaremos por debaixo dun soberbio cabaceiro construido en pedra canteiría.
Nos primeros 300 metros o camiño vólvese chan, transcorrendo entre vexetación moi diversa. A continuación o camiño comeza con unha suave pendente, esta sera constante ata as proximidades do Preguntoiro.
cabo de medio kilómetro de recorrido, temos un mirador natural dende o que podemos admirar una bela estampa dos barrios que forman a parroquia de San Vicente de Pombeiro.
Cando levamos recorridos uns 800 metros, aproximadamente, o camiño xira á esquerda para comezar cunha forte subida. Novo xiro, esta vez á dereita, e saímos á altura dunhas construccións utilizadas como palleiras para almacear a herba. Uns metros máis adiante á esquerda temos duas novas construccións e a corta distancia unha doutra.
Apenas quedan 150 metros para chegar ó lugar do Preguntorio, a continuación desviamonos por un estreito sendeiro á dereita, señalizado, para acceder ós sarcófagos que distan 10 metros do camiño principal.
Podemos continuar por este camiño asta a vila de Penabeada, hoxe abandoada, distante 1 kilómetro do Preguntoiro. Uns metros antes de entrar na vila pasamos por debaixo dunha curiosa rocha, esta foi erosionada no transcurso do tempo adoptando a forma dunha cabeza de corzo.
Á dereita ena ourela oposta, xa na provincia de Ourense, atópase o mosteiro de San Estebo de Ribas de Sil. A partir de Penabeada o camiño atópase pechado pola maleza, polo que é prácticamente imposible chegar a San Cosmede. 


         Mapa:

              

  
          Fotografía:

             


 










Vota a web
*****
****
***
**
*

www.pombeiro.net - Oscar Dafonte - CONTACTO