www.pombeiro.net , O Preguntoiro...


   A aldea







  Patrimonio





  O Baúl








  Festas





  Arredores









  Servizos










Recibe as últimas novedades da web
O teu correo  


   
     www.minasky.com
    www.cangas.org.es



 


  O Preguntoiro

Durante a antigüedade a forma de se enterrar sempre foi un feito diferencial entre culturas e civilizacións. Incluso as modas ou costumes respecto ós enterramentos foron cambiando o longo dos séculos dentro dunha mesma sociedade.

Os romanos, por exemplo, adoptaron a incineración ou a inhumación depende da época. Foron capaces de enterrarse en grandes sepulcros de pedra ou simplemente  incinerados dentro de ánforas ou cubertos de tellas.

Poucos séculos despóis do mundo romano, aproximadamente entre os séculos VI-VIII d.C, aparecen un tipo de enterramentos singulares. Son as chamadas tumbas antropomórficas ou antropomorfas.

Estas tumbas están feitas “a medida” do difunto e excavadas na roca . Utilizabanse grandes lousas de pedra para cubrirlas. Lóxicamente non se incineraba ó morto xa que o cristianismo non o permite .

Nelas enterrabanse monxes que habitaban en pequenas comunidades monarcales como era precisamente a de San Xoan en Pombeiro.

Segundo a sabiduría popular, antes da construcción da igrexa de San Vicente de Pombeiro a pouca distancia e no que hoxe é o Preguntoiro existíu unha igrexa-ermita-pequeño mosteiro chamado de San Xoan.

A verdade é que os restos físicos deste mosteiro non se ven a simple vista pero as tumbas antropomórficas que alí existen dan probas de que si existíu. Estamos falando dunhas cronoloxías que nos sitúan no século VIII.

Nestas ordes relixiosas teñen a súa orixe no Próximo Oriente e actual Turquía que tíñan como obxectivo principal a instalación de monxes ermitaños protectores de ermitas ou pequenas igrexas nos lugares de Europa onde, nestos séculos de traspaso entre a idade antiga e a idade media, a cristiandad aínda non estaba totalmente consolidada.

Galicia e todo o norte peninsular a mitade do primer milenio aínda era unha zona chea de creencias máxicas e herexes. As autoridades relixiosas de aqueles séculos tíñanse que poñer en serio para parar as crenzas e rituais que fosen en contra da aínda xove relixión cristiana.

Estos monxes eremitas instalaronse en lugares tan aislados e alexados como Pombeiro en busca da soidade e tranquilidade necesaria para levar a cabo a sua vida de retiro e contemplación.


                                     


 










Vota a web
*****
****
***
**
*

www.pombeiro.net - Oscar Dafonte - CONTACTO