Pantón, verdadeiro museo de arquitectura relixiosa, en especial do Románico terciario, é un concello situado ó sur da provincia de Lugo, na Ribeira Sacra Lucense e dentro da comarca da Terra de Lemos.
Limita ó norte co concello de O Saviñao; ó sur con Nogueira de Ramuín e Sober; ó este con Monforte de Lemos e Sober; e o oeste con Carballedo e Chantada. Os tres ríos que dan vida á natureza destas terras son: o pai Miño, o Sil e o Cabe. A capitalidade do concello radica en Ferreira, coñecida tamén como Castro, debido a que no centro da vila atópase un asentamento castreño. As suas principais vías de comunicación son: a N-120 que une Ferreira con Ourense e Monforte, ea C-533 que comunica Pantón cos concellos de O Saviñao e Monforte. A riqueza monumental e artística mesturanse con un entorno paisaxístico inigualable, onde o silencio semella música da natureza.