www.pombeiro.net , ruta de Augacaída, en Pantón...


   A aldea







  Patrimonio





  O Baúl








  Festas





  Arredores









  Servizos










Recibe as últimas novedades da web
O teu correo  


   
     www.minasky.com
    www.cangas.org.es




 


  Ruta de Augacaída

        Características:

              Lonxitude: 2 Km
              Duración: 40 min
              Dificultade: Media

      Descripción: 

                   O sendeiro arranca á dereita da estrada que comunica Marce con Guitara e a 300 metros do desvío para Marce. Ós 200 metros de percorrido tenemos unha bifurcación á dereita, esta novamente volve a saír ós poucos metros ó camiño principal.
Pasamos polo kilómetro 1,5 e a altura dunha antiga construcción, posiblemente unha cabaña utilizada para almacear herba e aperos de labranza, desviamonos á esquerda por un estreito sendeiro señalizado para a fervenza.
Neste lugar a vexetación abrese ofrecéndonos unhas preciosas vistas do canón polo que discorre o río Miño, a nosa dereita temos o Castro de Marce, tamén chamado O Castelo, que se eleva sobre unha alta e inacesible parede rochosa.
A partir de aquí, o camiño comeza cunha suave baixada que se fai máis acusada a medida que vamos avanzando. Chegamos a un punto no que, debido a forte pendente, fíxose necesaria a colocación dunhas cordas para poder continuar. Estas foron atadas ós troncos duns árbores que se atopan o lado do camiño e desta maneira facilitarnos o descenso e a subida ó regreso, sendo moi importante suxetarse firmemente ás cordas e movernos lentamente pasando só unha persona de cada vez.
Solventada esta pequena dificultade, saímos directamente á altura da fervenza e sobre unha plataforma rochosa.
Solo nos resta baixar uns metros entre grandes rochas para chegar a súa base e ó lado da fermosa lagoa que forma.
A continuación o arroio segue co seu frenético discurrer entre paredes graníticas e sorteando numerosas rochas dispostas no seu cauce. Todavía ten que salvar varios desnivéis antes de entregar o seu cauce o pai Miño, formando varias fervenzas de pouca altura, rápidos e tobogáns. 


         Mapa:

              

  
          Fotografía:

             


 










Vota a web
*****
****
***
**
*

www.pombeiro.net - Oscar Dafonte - CONTACTO