Cando era neno nunca crín noutra aldea, nunca soñei notra terra. Recortaba os seus crepúsculos e apacentaba as suas neboas. Cristais me daba o río, paxaros me deu a horta. Cun caracol de monte vida tivo unha flor nova. Preso entre catro horizontes pasei a miña infancia enteira. Despóis descubrín un camiño nacido o pé da miña aldea. POMBEIRO