Construida a finais do século XII, pero sofre reformas posteriores. Ten planta basilical con tres naves e tres ábsides semicirculares. Muros de silleiría granítica en filas horizontáis con sinais lapidarias. A fachada ten unha portada con estribos, un 'gardachoivas' formado por seis pequenos arcos rematados en modillóns ornamentados con cabezas humanas e figuras xeométricas. Hai dous pares de columnas acodilladas, con capiteis (parte superior da columna) decorados, que sosteñen catro arquivoltas apuntadas de finos adornos. A torre, adosada á fachada oeste, é circular e está rematada por un campanario cadrado. Restos de pinturas murais e retablos do século XVII e renacentistas con tallas no seu interior. Foi a iglesia dun antigo mosteiro. Localización:
Provincia: Lugo / Concello: Pantón / Parroquia: Pombeiro (San Vicente) / Lugar: O Priorato / C.P.: 27470
Distancia a lugares relevantes:
-Estación de autobuses: 14km -Estación de tren: 14km -A Coruña: 151km -Santiago: 103km -Ferrol: 162km -Lugo: 69km -Ourense: 34km -Pontevedra: 136km -Vigo: 139km
Camiño Real:
Antigamente o camiño real, que ainda se conserva en parte con anacos empedregados, procedia de San Fiz de Cangas, atravesaba o lugar de A Torre, descendia a Bazal pola Piuca e Cascaxide e no Torrón salvaba a corrente do Sil. Outro camiño relevante era o que conducia dende o mosteiro a Lornis e O Cotillón pasando por preto de A Barca e de San Cosmede. Tamén tivo a sua importancia o que iva dende A Torre ata Acedre e O Cotillón e que quizáis pisou infinidade de veces o duque de Arjona nas suas correrias venatorias. O mellor conservado é o que sobe a O Regueiro dende o Priorato. Iniciado o derradeiro cuarto do século XIX a liña férrea de Monforte a Vigo logróu traspasar, non sen dificultades, a agreste xeografía de Pombeiro e Frontón, facilitando asi ás comunicaciós a través da estación de Peares.