Quizais esto que vos vou contar algúns xa o sabíades pero nunca está de menos refresca-la memoria. Se os meus datos non me fallan, e creo que non, ata ben entrados os anos 50 no lado da montaña de Moura, pola parte non habitada, a que se observa perfectamente dende Pombeiro, era moi habitual cando a noite se apropiaba de Pomberio o poder ver unhas misteriosas luces. Tales fenómenos foron vistos por xeracións de pombeireses. O meu propio bisavó contaba que na sua niñez era habitual podelas ver. Aquelas luces non se quedaban estáticas nun punto da empinada montaña, todo o contrario, xa que o habitual era que se movesen a grandes velocidades, recorrendo centenares de metros en poucos segundos. Moitas veces podíanse contar decenas de luces dun tamaño parecido a uns focos dun coche.
A explicación que se solía dar a tal extraño fenómeno era o máis simple e habitual..."eran meigas" e xa está. Con esa versión os pombeireses ibanse a dormir preguntome eu, ¿máis tranquilos?. Hoxe en día probablemente diriamos que eran espíritus malignos ou un OVNI que se perdeu no camiño ás festas de Monforte, vai ti saber. O certo é que cando se comenzou a construir o embalse de San Pedro, as misteriosas luces desapareceron por completo. Parece que a cercanía da presencia humana non lles gustou nada. Dende entón e por desgracia as luces máis parecidas que volvimos ver polo despoblado lugar foron as dos incendios e os coches dos bombeiros que corrían a apagarlo.
...por Pedro
A muller das pedras
Fai moitos anos un grupo de nenos de Cibrisqueiros estaban preto da cruz, na Penapombeira. Como ben sabédes fai anos aquelo era monte común e a xente levaba o gando a pastar. O máis habitual é que fosen os nenos coas vacas xa que non era un traballo duro e solían pasar alí moitas horas durante a mañá. Pois ben, encontrabanse seis nenos e nenas dos nosos veciños de cibrisqueños xuntos, mentres gardaban o seu gando, cando de repente viron enrriba dunha gran rocha unha señora maior, mal vestida e falando sola. Os nenos loxicamente acercaronse a ver quen era aquela misteriosa muller. Aquela señora, a pesar da sua avanzada idade, foi capáz de subirse á rocha a que lle costaría subir incluso ó mellor mozo do pobo. Cando os nenos se achegaron a ver se coñecían á enigmática muller, a señora comezou a mover os brazos, facendo ostentosos aspaventos e de pronto ocorreu o increible... A MUJER DESVANECEUSE POR ARTE DE MAXIA... sen deixar rastro algún, esfumouse e desapareceu. Non cabe decir o inmenso susto que se levaron aqueles nenos. A historia por sorprendente que pareza é real, bueno ó menos os seus protagonistas, que non direi quenes son, aseguran que foi real. Se un día cuando fagades una excursión á Cruz vedes a unha señora encima dunha rocha, non vos extrañedes, xa estaba ahí dende fai 50 anos.